Un grupo de nenos de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo viaxaban a finais de maio á cidade de Toulouse (Francia) para participar no "Rally Científico e Matemático sen Fronteiras" e, xunto con catro centros máis de Galicia, conseguiron acadar o primeiro premio.
Este martes, 23 de xuño, foron recibidos, xunto con profesores e o director do Instituto, no Salón de Plenos do Concello polo Tenente Alcalde, a Concelleira de Cultura e o Concelleiro de Educación, para felicitalos e facerlle entrega dun agasallo.