
RENOVACIÓN DE LUMINARIAS EN ZONAS RURAIS DE A POBRA DE TRIVES (OURENSE)
O obxecto do contrato consiste na execución das obras recollidas no “PROXECTO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA ILUMINACIÓN PÚBLICA NAS ZONAS RURALES DO CONCELLO DE A POBRA DE TRIVES”.
O obxecto principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumpran cos requisitos técnicos elixibles para este tipo de luminarias segundo documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxectivos:
- Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
- Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2)
- Cumprir coas esixencias lumínicas do Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Iluminación Exterior.
- Regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns.
As actuacións levaranse a cabo nos seguintes pobos:
Cova Iglesia, O Castro, San Lorenzo 1, San Lorenzo 2, Vilanova, Castrelo, Cobo, Alcouce, O Pereiro, Rúa Germán Ancochea, Escuadrio, Piñeiro.