Co gallo da celebración do 25 de Xullo, Día da Patria Galega, o Concello de A Pobra de Trives agasallará aos veciños con bandeiras de Galicia para animar a que adornen os seus balcóns e fiestras co símbolo de Galicia.
As persoas interesadas poderán recoller a súa bandeira na Oficina de Turismo o vindeiro luns, día 24, de 10:30h. a 13h. e de 16h. a 20h. ou o propio día 25, martes, de 10:30h. a 14h.