No día de hoxe, reunión da nosa alcaldesa Patricia Domínguez Barja con Marisol Díaz Mouteira, Delegada da Xunta en Ourense, falando das demandas de Trives, e a cooperación coa Xunta de Galicia nos vindeiros anos.
Trasladoulle tamén, como así o demanda a veciñanza, a problemática do servizo de pediatría, entre outras.
Unha boa sintonía entre ambas, agardando contar, de seguro, coa súa cooperación.