O 19 de agosto, mércores, é o día sinalado para o segundo dos "Sendeiros Nocturnos" que dende o Concello de A Pobra de Trives se está a organizar dentro das actividades deste verán 2015.
Desta volta a máxica ruta será polos Sequeiros. Os sendeiristas disfrutarán dunha pequena camiñata circular duns 3 quilómetros, nos que varias escenas se sucederán en todo o percorrido mentres a noite vai caendo. Tamén haberá algunha sorpresa ademáis da animación nos camiños.
A saída será ás 21h. dende a Pena Folenche, onde un guía acompañará ao grupo durante todo o paseo.
Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo, e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.
Para máis información:
Oficina de Turismo
988 33 09 67