Sendeiro Nocturno - Ruta da Cabalar

Compartir

Sendeiro Nocturno - Ruta da Cabalar

Dentro do programa de verán 2015, o Concello de A Pobra de Trives organiza dúas pequenas camiñatas co nome de "Sendeiros Nocturnos". A primeira das rutas é o vindeiro día 29 de xullo, mércores.

É un percorrido circular que partirá dende a Oficina de Turismo (en Santa Leonor) en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor.

Ás 21h. comenza un fermoso camiño de estrelas e bosques con animación e algunha sorpresa máis.

É un agradable paseo duns 6 km aproximadamente, non recomendado para menores de 7 anos.

Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.

Para máis información e inscrición na actividade:
Oficina de Turismo:
988 33 09 67