Sendeiro Nocturno Teatralizado "Os Sequeiros"

Compartir

Sendeiro Nocturno Teatralizado "Os Sequeiros"

O 21 de xullo, xoves, é o día sinalado para o primeiro dos "Sendeiros Nocturnos" deste verán, que dende o Concello de A Pobra de Trives se está a organizar dentro do programa de actividades lúdico-deportivas.
Unha ruta máxica polos Sequeiros, onde os sendeiristas disfrutarán dunha pequena camiñata circular duns 3 quilómetros, nos que varias escenas se sucederán en todo o percorrido mentres a noite vai caendo.
A saída será ás 21h. dende a Pena Folenche, onde un guía acompañará ao grupo durante todo o paseo.
Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo, e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.
As plazas son limitadas e deben inscribirse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives


Para máis información:
Oficina de Turismo
988 33 09 67