Proximamente a Deputación Provincial de Ourense porá en funcionamento o “Servizo de recollida de enseres a domicilio” destinados ó punto limpo. (En ningún caso se recollerán escombros, restos de obra, lixo, neumáticos ou cristais entre outros).
Por parte deste organismo PÍDESE AOS VECIÑOS E VECIÑAS non depositar os residuos ao lado dos contedores ata que os encargados do servizo concerten unha cita para a recollida.
Todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Concello no teléfono: 988330000.
Unha vez que o Concello teña un número determinado de avisos, porase en contacto co solicitante para indicarlle cando pasarán a recollelos