Teatro Calavera chega á Biblioteca Municipal para público infantil

Compartir

Teatro Calavera chega á Biblioteca Municipal para público infantil

Teatro Calavera trae este martes, 7 de agosto, á Biblioteca Municipal a actividade máis doce do seu verán co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Ambos vivirán a súa aventura máis aloucada para procurar o CHOCOLATE mellor.
Unha actividade de dinamización con música e teatro para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
A cita para poder divertirse con “CHOCOLATE” é o martes día 7 de agosto, ás 11:30h. na Biblioteca Municipal (Edificio Santa Leonor)