Tempos na II Carreira San Bartolo e San Bartoliño

Compartir

Tempos na II Carreira San Bartolo e San Bartoliño

O domingo, 21 de agosto, tiña lugar a Carreira do San Bartoliño e San Bartolo, organizada polo Concello de A Pobra de Trives.
Ás 4 da tarde comenzaban a reunirse os máis pequenos onde a praza de abastos para disfrutar da súa carreira. O percorrido e distancia variaba segundo a idade dos nenos, que ía de 0 a 16 anos.
Xa ás sete da tarde era o turno para os maiores. Na II Carreira do San Bartolo, unha vintena de corredores poñíase na línea de saída para correr os 10 kilómetros desta proba.
O gañador por segundo ano consecutivo foi Saturnino González Novoa, cun tempo de 33´29 minutos, seguido por Javier Vieites Manso, que cruzou a meta no minuto 38´39 min. O terceiro posto era para Felix Sotelo Quintela cun tempo de 38´59 min.
Soamente unha muller participou una proba. Mari Paz Lozano cruzaba a liña de meta no minuto 48´08 min.