Este xoves, 14 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Doador de Sangue, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o alcalde Domingo Diéguez González recolleu o recoñecemento da Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue (ados) ao Concello de A Pobra de Trives, por ser un dos concellos con maior taxa de doazóns de Galicia, xunto con Padrón, Meira, A Guarda, e Ordes. Dª Marisa López García, Directora de ADOS, foi a encargada de entregar ditos recoñecementos. A Organización Mundial da Saúde recomenda unhas 40 doazóns por cada 1000 habitantes no ano e A Pobra de Trives supera estas cifras acadando 69 doazóns por cada 1000 habitantes por ano. Tras a entrega de todos os recoñecementos, o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo fixo a clausura do acto, dando a noraboa a todos os que recibiron os recoñecementos e animando a toda a cidadanía a doar.
O alcalde Domingo Diéguez trasmitiu as súas felicitacións e parabens para toda a veciñanza de Trives por ese recoñecemento recibido no Día Mundial do Doador de Sangue.