Sae á rúa unha nova sinalización turística poñendo en valor os recursos patrimoniais e culturais a través do móbil
. Sinalización turística con WebApp
O Concello da Pobra de Trives ven de poñer en marcha unha nova sinalización turística mediante unha WebApp, intentando poñer en valor os recursos patrimoniais e culturais, sen a necesidade de descargar nada no teléfono.
Sinalizáronse tres rutas: a Urbana, Os Sequeiros e Penalonga. Nesta última acondicionouse o sendeiro que leva a “Cidadela de Santa María” (Inscrición Medieval) facilitando o acceso con escaleiras de madeira en toda a baixada.
. Navegar e atopar recursos
Este novo proxecto consiste en poder navegar co móvil para ir atopando recursos cercanos, non é una APP. Estará inicialmente en tres idiomas, pero permite ata 25 idiomas.
Todos os recursos están xeoposicionados e terán unha breve explicación, pero sempre deixando que o turista disfrute do que está a ver e que o móbil sexa unha ferramenta de axuda. Ademais todos eles son complementados con audios, vídeos e fotos.
Por outro lado, toda a información que está nesta WebApp pódese compartir en redes sociais dando maior difusión do que nos rodea.
. Unha páxina web con calendario de actividades no Concello
Tamén está en marcha a creación dunha páxina web máis turística na que exista un calendario formado por todas as actividades que se leven a cabo na Pobra de Trives, ben dende o propio Concello, a iniciativa privada ou calquera asociación da vila. Esta nova páxina estará en funcionamento a finais de ano.
. Trives en Sportur Galicia
Ademais o Concello da Pobra de Trives estará os días 17, 18 e 19 deste mes no Recinto Feiral de Expourense participando en Sportur Galicia, un Salón de Deporte e Turismo Activo, onde tamén dará a coñecer este novo proxecto de sinalización.