V Andaina e II Cross - A Pobra de Trives

Compartir

V Andaina e II Cross - A Pobra de Trives

O vindeiro domingo, 16 de Outubro, o Concello de A Pobra de Trives organiza unha nova edición da Andaina e Proba de Cross.

Unha xornada de outono para disfrutar das paisaxes máis fermosas e dunhas vistas panorámicas conxugadas coa práctica de hábitos saudables coma o sendeirismo. Tanto deportistas como afeccionados poderán descubrir máxicos recunchos do noso Concello.

Tanto a Andaina como a Proba de Cross serán de 17 quilómetros apróximadamente, e a saída é dende a Finca da Barreira ás 9 da mañá.

As inscricións fanse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives. O prazo remata o mércores 12 de outubro.

O roteiro ten un prezo de 10€ e inclúe a camiseta, avituallamentos e a comida. Tamén haberá sorteo de regalos.

Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)