V ANDAINA E II CROSS - A POBRA DE TRIVES 2016

Compartir

V ANDAINA E II CROSS - A POBRA DE TRIVES 2016

Onte, 16 de outubro, tiña lugar en A Pobra de Trives, a dobre cita deportiva de Andaina e Cross. Arredor de 120 persoas participaron na V edición da Andaina e II Cross organizado polo Concello de A Pobra de Trives.
A cita era ás 9 da mañá na Finca da Barreira, pero xa denbde as 8:30 os participantes se foron achegando para recoller os seus dorsais e o agasallo da mochila coa camiseta. Dando uns minutiños de marxe, a andaina saía ás nove e cuarto da mañá, cruzando o arco de saída arredor de 100 andaríns, e os 20 corredores participantes no cross facíano dez minutos máis tarde. O tempo acompañou en todo momento aos participantes deixando unha xornada prefecta para a práctica e disfrute de ambras probas.
14 quilómetros por fermosas paisaxes entorno ao Río Cabalar, dirixíndose cara a Encomeda, de alí disfrutando do paseo por entre o bosque chegaban ao Castiñeiro de Pombariños, continuaban cara Manzaneda onde a Porta da Vila os recibía e continuaban dirección Sobrado cruzando o Río San Lázaro; seguindo o Camiño Real chegaban ao Río Cabalar e subían de novo ao punto de partida. Unha ruta apta para todos, moi compensada nas súas costas e que fixo que todos os asistentes quedaran encantados co percorrido.
O primeiro corredor en chegar á meta foi Jesús Rodríguez León, seguido nun segundo lugar por José Oliver Reboredo Campos e en terceiro posto cruzaba o arco de meta José Álvarez. Na categoría feminina só houbo unha corredora, Mónica Rodríguez Ribera.
tempos cross 2016

O fin da xornada tiña lugar en Santa Leonor, con todos os participantes nas probas e todos os colaboradores e organizadores xuntos disfrutando dunha paella e tamén do postre típico de Trives, a bica. Unha sobremesa coa entrega de premios do Cross (Trofeo e bica para primeiros, segundo e terceiro posto), sorteo de regalos, e unha pequena homenaxe que o Concello lle fixo a dous corredores de A Pobra de Trives por a súa longa traxectoria e o seu amplo historial de participación en diferentes carreiras e maratóns, Pío Domínguez Rodríguez e Ricardo Vieites Blanco.
Agradecer a toda a xente que asistiu, a súa participación e por suposto a Protección Civil que estivo en todo momento cubrindo as probas.