V Carreira San Bartoliño

Compartir

V Carreira San Bartoliño

Este sábado, 24 de agosto, o Concello da Pobra de Trives organiza a “V Carreira San Bartoliño". Nela os participantes correrán nun circuíto urbano con saída na Praza de Abastos e que variará o seu percorrido en función das idades.


As categorías son:

  • de 2 a 4 anos
  • de 5 a 7 anos
  • de 8 a 10 anos
  • de 11 a 13 anos
  • de 14 en adiante (sen límite de idade)


Trátase dunha proba non competitiva e con entrega de medallas para todos os asistentes, que comezará ás 19h. e para inscribirse poderán facelo desde media hora antes do evento, na mesma praza de abastos.