V Concurso De Doces Típicos De Outono - "Momentos Doces do Magosto"

Compartir

V Concurso De Doces Típicos De Outono - "Momentos Doces do Magosto"

O Concello de A Pobra de Trives convoca o  “V Concurso De Doces Típicos de Outono” con motivo do festexo do Magosto.
Este concurso xa comenzou cinco anos atrás, facendo que os nosos produtos de outono teñan a importancia que se merecen sendo o agardados protagonistas da sobremesas no Magosto.
Un concurso no que poderán participar todas as persoas que o desexen. As sobremesas que elaboren deberán levar produtos da tempada como Castañas, Noces, Figo, Mazá, Pera, Cabaza, Uva, Laranxa, etc.
Os doces teñen que entregarse na mañá do 11 de novembro (Día do Magosto) na Oficina de Turismo en horario de 10:30h a 14h. Ou pola tarde xusto antes de comezar o Magosto. Ademais deben presentar os seus datos e nome e da Sobremesa cunha breve explicación dos ingredientes que contén e da elaboración da mesma.
Recoméndase aos participantes anotarse con antelación na Oficina de Turismo (antes do 3 de novembro).
Cada participante recibirá un agasallo e un diploma acreditativo de participación.A entrega do Premio farase ese mesmo día 11 de Novembro durante o Magosto.
A continuación deixámosvos as bases do Concurso animándovos a todos a participar nesta quinta edición.