O vindeiro domingo, 10 de Setembro, o Concello de A Pobra de Trives organiza unha nova edición da Andaina e Proba de Cross.
Unha xornada dominical para desfrutar de fermosas paisaxes, rutas novas e inmellorables vistas panorámicas conxugadas coa práctica de hábitos saudables coma o sendeirismo ou o cross. Tanto deportistas como afeccionados poderán descubrir máxicos recunchos do noso Concello.
As dúas probas, Andaina e Cross terán a saída é dende a Finca da Barreira ás 9 da mañá. A andaina será duns 15 km aproximadamente, mentres que na proba de Cross Terán que percorrer unha distancia de arredor de 10 km.
As inscricións fanse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives. O prazo remata o mércores 6 de setembro.
O roteiro ten un prezo de 10€ e inclúe a camiseta, avituallamentos e a comida. Tamén haberá sorteo de regalos.
Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)