VII Andaina - Trives 2018

Compartir

VII Andaina - Trives 2018

Seguimos sumando edicións ano tras ano e xa imos poda VII Andaina de Trives organizada dende o Concello de A Pobra de Trives, a cita é o vindeiro domingo, 9 de Setembro.
Unha xornada dominical para desfrutar de fermosas paisaxes por rutas de inmellorables vistas panorámicas conxugadas coa práctica de hábitos saudables coma o sendeirismo. Tanto deportistas como afeccionados poderán descubrir máxicos recunchos do noso Concello.
Unha proba non competitiva que terá a súa saída ás 9 da mañá dende a Finca da Barreira. O percorrido será circular e duns 14 km. aproximadamente saíndo de Trives e pasando por Escuadrio, Sobrado, Mendoia, Piñeiro e rematando novamente en Trives.
A organización habilitará ao longo do roteiro os avituallamentos necesarios no mesmo e ao final a partir das 14h. en Santa Leonor haberá uns pinchos como peche da andaina e para confraternizar todos os participantes. Ademais nese mesmo edificio contarán con servizo de duchas á disposición dos andaríns que así o desexen.
As inscricións faranse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives. O prazo remata o mércores 4 de setembro.

Tamén vos podedes inscribir cubrindo o boletín que vos deixamos no seguinte enlace e enviandoo por correo electrónico á Oficina de Turismo (turismo@concellodapobradetrives.gal).

Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67).