O mércores 5 de setembro a Volta Ciclista 2018 pasará por A Pobra de Trives na súa 11ª etapa, a xornada máis longa desta edición, Mombuei – Ribeira Sacra (207,8 km)
Os ciclistas contarán no Alto de Trives cun desnivel ao que facer fronte estando ante un porto de segunda.
Podemos decir que son uns enclaves únicos e que gozarán cunhas vistas ben pintorescas na súa entrada a Trives tras subir polos Cañóns do Bibei, e tras cruzar o noso pobo, despedirán o concello coa inmellorable paisaxe do Val do Navea.
Agardamos que nos sexa ademais un bo escaparate turístico para a nosa vila gracias a visibilidade e repercusión que ten a volta debido ao movemento que esta orixina entre afeccionados e participantes.
VOLTA 2018 - A Pobra de Trives
O vindeiro mércores 5 de setembro
Horario Caravana:14:30h. / Carreira: 15:35h.