Volta o Curso de Defensa Persoal a Trives da man de Javier Diéguez

Compartir

Volta o Curso de Defensa Persoal a Trives da man de Javier Diéguez

Javier Diéguez impartirá os días 22 e 23 de agosto novamente un Curso de Defensa Persoal. Nun horario de 10:00h a 14:00h, no Edificio Santa Leonor, os asistentes ao curso aprenderán varias técnicas e movementos sinxelos de executar nesta disciplina, que nos axuda a poñer en forma e dános as ferramentas necesarias ante algunhas situacións de certo risco.
Ademais da parte de aprendizaxe, esta actividade tamén conta coa parte solidaria, xa que cada asistente debe doar un xoguete coa inscrición. A finalidade desta recollida é regalar sorrisos e momentos únicos aos pequenos que máis o necesitan.
Para inscribirse poderán facelo nas Oficinas do Concello ou no teléfono: 670 47 15 20