O Concello organiza un Curso de Ximnasia de Mantemento. Canto máis activos logremos manternos, mellor conservaremos as nosas capacidades físicas e mentais, especialmente conforme nos imos facendo máis maiores.
O vindeiro 1 de febreiro, luns, comenzan as clases co fin de axudar a que toda persoa se manteña con boa saúde e con axilidade.
Estas clases impartiranse en Cova (na Escola), en Sobrado (na Casa dos Mozos), en Castro (na Escola) e en Piñeiro (na Escola).
Para poder anotarse nesta actividade e para máis información:
- Oficina de Turismo (988 33 09 67)
- Centro de Información á Muller (CIM) (988 33 00 00).
Moverse é coidarse, anímate a asistir!!