O 30 de xullo festexamos a XLIII Edición da Festa da Bica; unha celebración que ano tras ano lle adicamos ao noso doce máis querido.
A cita é na Praza do Reloxo ás dúas do mediodía.
Alí os participantes poderán degustar un menú de pulpo, carne ao caldeiro, viño, licor café e a BICA, a protagonista do evento.
A música virá de mans da Charanga Nova Terras de Trives.