O mércores, 9 de maio, ás 19h. na Sala de Reunións da Casa do Concello da Pobra de Trives, a través da Xefatura Territorial de Infraestruturas e Vivenda, terá lugar unha charla informativa sobre as axudas á rehabilitación e renovación de vivendas.
En dita xornada facilitarase a información, colaboración e asesoramento necesario para tramitar eficazmente as subvencións convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.