Excursión ao Balneario de Lobios

Compartir

Excursión ao Balneario de Lobios

O CIM da Pobra de Trives organiza unha excursión ao Balneario de Lobios para o vindeiro 8 de abril.
En dita xornada, pola mañá visitaranse espazos culturais preto de Lobios e tamén a feira, e pola tarde gozarán da estancia no Balneario.
A saída será ás 8 da mañá da Praza do Concello con regreso ás 21h.
A excursión ten un prezo de 36 €. Nese importe vai incluído o autobús, almorzo buffet e acceso á piscina activa de auga minero medicinal.
A viaxe realizarase se hai un mínimo de 26 persoas, podendo antorase ata o 3 de abril, martes.
Para máis información debes dirixirte ás oficinas do CIM (Parte nova do Concello, 2º piso) ou no teléfono 988 33 00 12