As catro caras da deusa en cada muller é un obradoiro organizado dende o Centro de Información á Muller (CIM) da Pobra de Trives, basado no coñecido libro de Miranda Gray, La luna roja.
Cunha duración de hora e media aproximadamente, no obradoiro haberá unha parte teórica e outra de exercicios prácticos. A primeira delas será para explicar a natureza cíclica da muller, referíndose ao ciclo menstrual en consonancia coa lúa e as súas fases, un ciclo de vida empoderado e creativo. Por outro lado, na parte práctica tratarase de aprender a expresarse a través da danza, aplicando a enerxía creativamente.
O obradoiro terá lugar o vindeiro domingo 25 de marzo ás 6 da tarde no Edificio Santa Leonor, e ten un prezo de 10€. Recoméndase levar roupa cómoda.
Para anotarse ou máis información: 616 80 86 91 / 630 15 68 03