A Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei - Navea (GDR08) organiza unha viaxe a Plasencia, de tres noites e catro días, do 21 ao 24 de maio do 2018.
Nesta viaxe haberá diferentes visitas a Centros de Agricultura, cooperativas, campos de ensaio ou explotacións no "Val do Jerte", tamén contan con charlas sobre o funcionamento cooperativo entre outras varias actividades.
Podedes consultar a continuación o programa ampliado.
Para máis información e anotarse na mesma podes facelo nas Oficinas do Concello.