Romería da Festa da Bica - 28 de xullo do 2019

Compartir

Romería da Festa da Bica - 28 de xullo do 2019

Desde o Concello da Pobra de Trives estase a traballar na recuperación da Romería da Festa da Bica, e para iso, en colaboración co Club de Montaña Trives vense de organizar para a mañá do 28 de xullo unha subida camiñando desde Trives ata a Cabeza Grande.

Unha romería que dará comezo ás 8:30 da mañá desde a Praza do Concello cun percorrido de aproximadamente 17 quilómetros. Este é un roteiro de dificultade alta que conta cun desnivel de 805 metros e terá unha duración de ao redor de 4 horas e media.

Durante o camiño os participantes contarán con 2 avituallamentos sólidos e líquidos, e ao chegar á cima culminará a xornada cun xantar de romería a base de empanada, lacón e bica, mentres desfrutan do Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas.

Ao remate dos festexos un autobús recollerá aos camiñantes para baixar ata Trives.

A actividade completa, con seguros, xantar e baixada en autobus ten un custe de 12 € por persoa.

Para inscricións podes dirixirte á Oficina de Turismo ou descargar aquí a folla de inscrición onde están as instrucións e recomendacións. A continuación facer o pago no número de conta indicado na mesma (Poñendo no Concepto: Nome e Apelidos + Romería Festa da Bica) e posteriormente remitir o resguardo de pago á Oficina de Turismo ou ao seguinte correo: deportes@concellodapobradetrives.gal

Anótate antes do 24 de xullo.

Animádevos a participar e a exaltar con nós esta festa tan importante para Trives como é a Festa da Bica!!