O Alcalde do Concello de A Pobra de Trives ven de aprobar, mediante Decreto 58/2017, unhas Bases de Contratación que teñen por obxecto regular o procedemento para a creación dunha Bolsa de Emprego, referida ao persoal necesario para a cobertura, con carácter temporal, do posto de traballo de Tractorista.
Desde hoxe, luns, día 8 de maio, ábrese un prazo de sete días naturais no que os interesados poderán presentar as súas solicitudes.
A Bolsa de Emprego tamén será de aplicación para as contratacións laborais temporais, dende a entrada en vigor das presentes bases ata 31 de decembro do ano 2017, podendo prorrogarse un ano máis, isto é, ata o 31 de decembro de 2018, mediante Decreto de Alcaldía.
Pódense consultar as bases, o Listado provisional de admitidos e o Listado definitivo e tribunal.