
Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva. A estación ten diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Non só ten pistas de esquí, senón que tamén dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de “karts”, hípica, “mountain bike”, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto para varias actividades que inclúe ximnasio.
Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada, tiro con arco, golf en campo rústico…Permanece aberta todo o ano.
A contorna e o bosque, de 2.000 hectáreas de extensión e cunha altitude de 1800 metros, que dotan a estación de montaña dun marco incomparable completado con instalacións turísticas e de hostelería.
Principais Actividades:
BBT, golf (campo rústico), aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, “karts”, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), rappel, tirolina, tiro con arco...
Competicións, probas e acontecementos:
- Campionatos galegos de esquí alpino (categorías xuvenís e sénior).
- Campionato nacional de bandas de gaitas (Memorial Gabino Fernández). Celébrase o primeiro domingo de agosto.
- Festa da Bica (romaría tradicional), o primeiro domingo de agosto.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
- Natación (piscina cuberta e climatizada)
- Tiro con Arco
- Escalada
- baloncesto, balonvolea, balonmán, fútbol sala…
(Pavillón cuberto deportivo para varias actividades, con ximnasio incorporado) - “Karts”
- Cabalos
- Golf (campo rústico)
- Tenis
- Fútbol
- Bicicletas de montaña
OUTRAS ACTIVIDADES ALTERNATIVAS:
- Sendeirismo
- Aula da natureza / Estudo do medio: flora e fauna da Serra de Queixa.
- Obradoiros do medio ambiente
- Xogos tradicionais: petanca, chave, malla, bolos…
- Xogos, festas, concursos
- Primeiros auxilios en montaña
- Acampada - técnicas
- Orientación e manexo do compás