
Esta situado sobre o río Cabalar. Dun só arco e con calzada de lousas. De orixe romana, foi reconstruído no ano 1832 e viño a substituír outro que alí existía pois por alí pasaba a calzada romana. Aínda que practicamente nada da súa fábrica romana chego ata os nosos días.
Logo camiño medieval e tamén xacobeo, que dende Terras de Sanabria chegaba a Sobrado de Trives e na Ponte Cabalar uníase coa Vía XVIII.
Nos seus arredores podemos observar a antiga fábrica de chocolate que foi construída por José Salgadoalla polo 1.889, elaboraba un chocolate de tan alta calidade que tivo a honra de ser provedor da Casa Real coincidindo co reinado de Alfonso XIII.
En 1.918, os seus donos pecharon fabríca e trasladárona á Arxentina onde hoxe en día é unha prospera fabrica de chocolate en Bos Aires onde na parte de atrás do envoltorio sae a foto de Ponte Cabalar e fala das orixes desta fabrica.
Declarado monumento histórico-artístico. Ademais do seu valor construtivo, hai que destacar o valor paisaxístico do ámbito que a rodea, onde resaltaremos a existencia de dous muíños e a beleza dunha paraxe chea de encanto e intimidade, rodeado de arbores e cun continuo son da auga
A Vía Romana consérvase, neste tramo, en bo estado.
Acceso
Dende A Pobra de Trives tomaremos a estrada da Rúa (C-636) para percorrer 2,2 Kilómetros., xusto antes de desviarnos cara a Manzaneda, deixaremos o coche, para baixar a pé 30 metros á esquerda para chegar ao destino.